HISTORIA DE LA CABRETA
A Cabreta é unha casa do rural catalán, localizada na comarca do Cabrerès, ás faldras do Santuari de Cabrera onde quedan os vestixios do castelo do mesmo nome, na Serra de Collsacabra.
Alí está a orixe da paixón pola gandería extensiva, polo pastoreo e a contorna natural excepcional desta zona do prepirineo catalán. Alí se practica a gandería familiar, co gando fora todo o ano, a 950 metros altitude nos pastos permanentes dunha das zonas máis húmidas de Catalunya. Esta é a orixe do nome e o perfil das montañas que atopas no logo desta gandería.
Os devenires da vida fixeron que no 2009 se iniciara a gandería extensiva cun rabaño de cabras, do que se aprendeu moito en manexo e xestión destes animais. Acadouse un censo de 250 cabras manexadas completamente en extensivo. Co paso dos anos e o incremento da experiencia, incorporáronse ovellas ao rabaño e, finalmente, no 2015 decidiuse prescindir das cabras e centrarse na cría de cordeiros.
Dende o 2018 contase con machos puros de raza Texel traídos de Francia para a cubrición das ovellas, recriando unicamente animais da propia explotación sen introducir ovellas de fora. Por iso, a día de hoxe o nivel de pureza do rabaño é o máis elevado en Galicia.
GANDERÍA EXTENSIVA E ECOLÓXICA
A nosa gandería funciona en extensivo, coas ovellas sempre ao aire libre e un manexo adaptado ao pastoreo natural. Recuperamos prados abandonados e colaboramos con outras ganderías ecolóxicas para o mantemento dos pastos.
A protección do rabaño confíase ao mastín Coco e a sistemas de peche. Desde 2018, traballamos en custodia agraria coa AGCT, en 2024 unímonos ao Mapa de ganderías extensivas certificadas e en 2025 iniciamos a certificación ecolóxica co CRAEGA.
RABAÑO DE FORMACIÓN
Con máis de 15 anos de experiencia, o rabaño é agora un centro de formación en gandería extensiva, convivencia co lobo e manexo de gando ovino. Ofrecen actividades formativas ao longo do ano, a través dun convenio coa Facultade de Veterinaria da USC, TFGs e cursos para gandeiros e novos entrantes.
A OVELLA TEXEL
Tras anos de análise, a raza Texel foi a escollida para o manexo extensivo, traída desde Francia en 2018. Adaptada ao clima húmido, esta raza, orixinaria da illa de Texel, esconde nas súas características rústicas e maternais a chave dun manexo natural e harmonioso co entorno.
Financiado por el Programa KIT Digital. Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España “Next Generation EU»






